InicioSucesosOs bombeiros liberan ao condutor dun turismo envorcado en Muras

Os bombeiros liberan ao condutor dun turismo envorcado en Muras

Os feitos ocorreron sobre as 7.00 horas deste mércores na LUP- 3406, ao seu paso por Muras, onde o condutor perdeu o control do vehículo e este quedou envorcado fóra da estrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido á primeira hora deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado no municipio lucense de Muras. O condutor quedou atrapado no vehículo, envorcado, e tivo que ser liberado polos bombeiros. Os feitos ocorreron sobre as 7.00 horas deste mércores na LUP- 3406, ao seu paso por Muras, onde o condutor perdeu o control do vehículo e este quedou envorcado fóra da estrada. Aínda que o home e único ocupante estaba consciente, presentaba lesións que debían ser valoradas polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así, unha vez foi liberado polos Bombeiros de Vilalba, a dotación sanitaria conduciu o ferido ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...