InicioSucesosFerida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

Ferida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

O suposto agresor foi detido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida ao ser alcanzada por unha arma branca durante unha liorta entre catro persoas rexistrada na tarde do venres na cidade de Lugo. O presunto responsable da agresión, un home, foi detido polos axentes da Policía Nacional que acudiron a mediar nesta pelexa, que tivo lugar ao redor das 20:30 horas en Camiño do Pipín.

A disputa tivo catro persoas implicadas, dous homes e dúas mulleres. No marco da liorta, o detido esgrimiu unha arma branca co que alcanzou a unha das mulleres, aínda que fontes policiais aclaran que non se tratou dun ataque. Por estes feitos, o suposto agresor foi arrestado e trasladado a dependencias policiais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...