InicioSucesosEntrega exprés: detido por traficar en patinete eléctrico

Entrega exprés: detido por traficar en patinete eléctrico

A Policía Nacional desmantela un punto de venda ambulante tras sorprender ao sospeitoso en plena entrega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo por tráfico drogas a un home en Lugo que facía entregas na cidade mediante o uso dun patinete eléctrico.

Nun dispositivo de prevención en relación con venda polo miúdo de drogas, os axentes observaron a un home en patinete eléctrico que se achega a varios individuos e fai un intercambio rápido de sustancias estupefacientes por diñeiro.

Segundo informa a Policía nun comunicado, os axentes deron o alto ao vendedor, o cal se deu á fuga en patín. Tras unha persecución de varios minutos, foi interceptado por un dos policías, o cal resultou ferido cun dedo roto para conseguir reducir ao home.

A Policía dá así por erradicado un punto de venda ambulante pola cidade. Interviñéronselle uns cen euros froito das vendas de droga realizadas, así como a sustancia estupefaciente.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...

Aprazada a expropiación para o centro de saúde Sacro Corazón pola espera de remanentes

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprazou a aprobación do expediente de...

Guntín recibe máis de 50.000 euros para mellora enerxética do pavillón municipal

A Xunta destina case 55.000 euros a colaborar co Concello de Guntín na mellora...