InicioSucesosIntervidos 3.300 paquetes e picadura de tabaco nun local sen autorización para...

Intervidos 3.300 paquetes e picadura de tabaco nun local sen autorización para a súa venda

Os axentes constataron unha infracción en materia de Sanidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil incautou de 3.300 unidades de labor de tabaco (paquetes e picadura) nun establecemento comercial de Lugo que carece de autorización administrativa para a venda deste tipo de produtos.

Axentes da patrulla fiscal da garda civil realizaron unha inspección do local e constataron unha infracción en materia de Sanidade (medidas sanitarias contra o tabaquismo), unha infracción en materia de contrabando (lei de represión do contrabando) e infraccións á lei de ordenación do mercado de tabaco.

Así, os funcionarios procederon á aprehensión de 88 unidades de labores de tabaco valoradas en 500 euros, e ao precinto doutras 3.239 unidades valoradas en 18.200 euros (en ambos os casos paquetes e picadura).

Os efectos intervidos foron depositados nas dependencias de Aduanas da Garda Civil en Ribadeo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...