InicioSucesosExcarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban pola N-547. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 14:30 horas deste sábado e foi un particular o que alertou do suceso e indicou que o coche estaba envorcado na beiravía.

Ata o punto acudiron o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Monterroso, os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei. Os ocupantes do vehículo foron liberados polos membros do GES e foron evacuados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...