InicioSucesosExcarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu...

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Unha vez no punto, a Policía Local confirmou que ambos os condutores non podía saír dos vehículos, porque tiñan as portas bloqueadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar frontalmente na N-634 ao seu paso por Sancovade. Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos despois das 10.30 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que os condutores non podía saír dos seus vehículos e necesitaban asistencia sanitaria.

A central de emerxencias solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros, da Policía Local, a Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilalba. Unha vez no punto, a Policía Local confirmou que ambos os condutores non podía saír dos vehículos, porque tiñan as portas bloqueadas. Por iso os bombeiros tiveron que excarcerar aos feridos que, posteriormente, foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...