InicioSucesosUnha muller ferida despois dun choque entre dous vehículos en Castro de...

Unha muller ferida despois dun choque entre dous vehículos en Castro de Rei

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este martes tras producirse unha colisión con dous vehículos implicados no municipio lucense de Castro de Rei.

Segundo informou o 112 Galicia, foi o sistema de alerta dun dos vehículos o que permitiu á ocupante ferida contactar coa central de emerxencias para solicitar axuda.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar á ferida. Ademais, os servizos sanitarios confirmaron que enviaron ao momento dúas ambulancias, aínda que só tiveron que trasladar a unha muller.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...