InicioSucesosExtinguido un incendio nun alpendre en Antas de Ulla

Extinguido un incendio nun alpendre en Antas de Ulla

No interior do alpendre había animais que foron retirados a tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias acudiron este luns a extinguir un incendio que se iniciou nun alpendre no municipio lucense de Antas de Ulla. 112 tivo constancia deste incendio sobre as 14.30 horas. Segundo informou a Garda Civil, que desprazou ata o punto unha patrulla, no interior do alpendre había animais que foron retirados a tempo. Así, tras os labores de extinción de bombeiros e membros do GES, confirmaron que o lume calcinara uns rulos de herba seca no interior do alpendre.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...