InicioSucesosAtopan en Belesar os corpos do bañista e do pescador desaparecidos o...

Atopan en Belesar os corpos do bañista e do pescador desaparecidos o martes

Ambos foron rescatados sen vida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os corpos dos dous homes desaparecidos o pasado martes en diferentes puntos do lucense encoro de Belesar foron recuperados sen vida este mércores. Ás 13.52 horas deste mércores, o equipo de mergulladores da Garda Civil (GEAS) da Coruña atopou falecido ao mozo pescador que caeu ao río Miño, no municipio do Páramo, ao tentar recuperar a súa cana. O seu corpo recuperouse preto de onde se levaba a cabo o operativo de procura, segundo informa o 112 Galicia.

Previamente, a Garda Civil informou de que se atopou, ás 13.05 horas deste mércores, o corpo do bañista que saltara á auga desde o pantalán do club náutico de Ponte Mourulle, no municipio lucense de Taboada. Este home foi atopado falecido e foi rescatado polo servizo de mergulladores GEAS Xixón, que o levou ao embarcadoiro. Así, avisouse á autoridade Xudicial. Segundo informa o 112 Galicia, o falecido, de preto de 60 anos, foi localizado preto de onde se botou a nadar.

Ambas as desaparicións producíronse na tarde do martes en diferentes puntos. Primeiro, sobre as 16.30 horas do martes, o mozo pescador afundiuse tras precipitarse á auga en Páramo. Tres horas despois, sobre as 19.30 horas, ocorreu o mesmo cun bañista no club náutico Ponte Mourulle, en Taboada.

Un amplo dispositivo, que incluíu, entre outros, mergulladores da Garda Civil e drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), participou na procura. Tamén, nas últimas horas, por parte do 112 Galicia, xestionouse a intervención do grupo de atención psicolóxica, Gipce, do Colexio de Psicólogos de Galicia, para ofrecer axuda especializada a familiares.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...