InicioSucesosInvestigan a unha muller por furtar diñeiro da vivenda dunha persoa da...

Investigan a unha muller por furtar diñeiro da vivenda dunha persoa da súa contorna

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investigou a unha muller como suposta autora dun delito de furto, por subtraer diñeiro doutra persoa pertencente á súa contorna na súa vivenda situada en Castro Ribeiras de Lea, en Castro de Rei (Lugo).

Segundo informa o Instituto Armado, a cantidade roubada atopábase oculta no domicilio e só o propio prexudicado sabía onde estaba escondido. Por tanto, os investigadores determinaron que alguén do seu círculo próximo podía ter relación cos feitos. Ademais, coincidiu que, pouco tempo despois do suposto furto, a investigada adquiriu un coche novo cando non dispuña de recursos económicos suficientes para pagalo. A persoa investigada e as dilixencias policiais foron trasladadas ao xulgado de Instrución en funcións de garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...