InicioA UlloaPalas de ReiInvestigan a unha veciña de Palas de Rei por ter a un...

Investigan a unha veciña de Palas de Rei por ter a un empregado sen contrato na súa granxa

Como presunta autora dun delito contra os dereitos dos traballadores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a unha veciña de Palas de Rei como presunta autora dun delito contra os dereitos dos traballadores ao supostamente ter un empregado sen contrato nin seguro na súa explotación gandeira e negarlle asistencia médica.

Tal como indica a Benemérita nun comunicado, a investigación comezou cando os axentes tiveron coñecemento de que os familiares da vítima, de nacionalidade portuguesa, non lograban contactar co home, e estaban preocupados pola súa integridade física, xa que podería estar retido contra a súa vontade.

Por iso, os axentes trataron de localidade á persoa, desprazándose á explotación gandeira onde operaba. Alí, atoparon ao home, que asegurou que carecía de contrato e de seguro e que facía un par de días tivera unha lesión mentres efectuaba os seus labores na granxa, pero que a titular da mesma negoulle a asistencia médica.

O home indicou, ademais, que debido á distancia das instalacións a un núcleo urbano e ao non dispor de medios económicos, víase incapacitado para abandonar o lugar, pero que non o retiñan en contra da súa vontade. Por todo iso, o traballador foi trasladado a un centro médico para a súa valoración, sendo enviado posteriormente ao hospital Lucus Augusti de Lugo.

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...