InicioSucesosUn morto e un ferido grave ao chocar un turismo e unha...

Un morto e un ferido grave ao chocar un turismo e unha furgoneta no Vicedo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu e outro resultou ferido grave na tarde deste luns ao chocar un turismo e unha furgoneta na LU-862, no quilómetro 76, á altura de San Román de Vale, no Vicedo. O suceso tivo lugar minutos antes das 17:30 horas, momento no que un particular indicou ao CIAE 112 Galicia de que había un accidente con dous vehículos implicados, un deles envorcados. Ademais, explicou que había persoas atrapadas en ambos os coches.

Os bombeiros de Viveiro tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao ferido, que quedou atrapado no interior da furgoneta. Con todo, a persoa falecida e o ocupante do turismo, segundo indicado, non necesitou ser excarcerada. Pola súa banda, o servizo de Urxencias Sanitarias de Galcia-061 enviou ao momento un helicóptero, así como dúas ambulancias asistenciais con persoal sanitario da PAC de Viveiro.

No punto foron atendidas tres persoas, o home que resultou falecido, outro que foi dado de alta e unha terceira persoa que foi trasladada en helicóptero ao Hospital Lucus Augusti. Ao lugar acudiron os bombeiros de Viveiro, a Garda Civil, así como efectivos de Protección Civil e persoal do servizo de mantemento da estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...