InicioSucesosDetida unha muller que roubou xoias da vivenda na que traballaba en...

Detida unha muller que roubou xoias da vivenda na que traballaba en Ribeira de Piquín

Os feitos sucederon entre abril e maio, cando a suposta autora, que traballaba no domicilio, subtraeu diversas xoias que os propietarios, de avanzada idade, tiñan no interior da vivenda. Xa foi detida pola Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a unha muller acusada de roubar xoias do interior dunha vivenda na que se atopaba traballando, no municipio lucense de Ribeira de Piquín. Os feitos sucederon entre abril e maio, cando a suposta autora, que traballaba no domicilio, subtraeu diversas xoias que os propietarios, de avanzada idade, tiñan no interior da vivenda.

Un familiar dos propietarios da vivenda foi quen advertiu da falta das xoias e presentou denuncia en dependencias oficiais da Garda Civil. Tras ter coñecemento destes feitos, os investigadores realizaron un rexistro do domicilio da suposta autora coa finalidade de achar evidencias. A suposta autora foi detida, quedando a disposición do Xulgado de Instrución de Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...