InicioSucesosDetido por pegar á súa parella en Lugo e por escondela nun...

Detido por pegar á súa parella en Lugo e por escondela nun canapé para que non a vise a Policía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un mozo de 21 anos acusado de agredir á súa parella nunha vivenda da cidade e de escondela dentro dun canapé para evitar que a visen os axentes que se personaron alertados polos veciños. Os feitos sucederon na tarde do 19 de maio, cando os veciños dun edificio da zona sur alertaron de que escoitaban berros dun home nunha vivenda e o pranto desconsolado dunha muller, polo que consideraron que podía estar “en grave risco”.

Á chegada dos axentes, o home negou os feitos e, aínda que admitiu que tiña parella, dixo que estaba só na vivenda. Con todo, durante a realización dunha inspección ao piso, os policías atoparon á muller dentro do canapé do dormitorio. A muller, “en estado de nerviosismo”, manifestou manter unha discusión coa súa parella, “que ao ser moi nervioso gritoulle moito e que nun momento dado ‘fóronselle os brazos ao pescozo’, causándolle erosións”, dixo aos axentes.

A Policía solicitou a presenza dunha ambulancia do 061 para o seu traslado a un centro médico e procedeu á detención do home, de 21 anos, e o seu traslado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...