InicioSucesosFerido un camioneiro tras envorcar o vehículo que conducía na Pastoriza

Ferido un camioneiro tras envorcar o vehículo que conducía na Pastoriza

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un camioneiro resultou ferido na Pastoriza ao envorcar o vehículo que conducía. Non houbo máis persoas implicadas no accidente.

Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 14,00 horas foi coñecedor dun accidente cun camión implicado, a través de Urxencias Sanitarias. Posteriormente, comunicouse co servizo de emerxencias un particular, que indicou que había unha persoa ferida, o camioneiro, que estaba a transportar rocas no momento do suceso, e que se atopaba xa fose do vehículo envorcado.

Os xestores do 112 Galicia informaron o suceso aos bombeiros de Vilalba, ao GES de Pontenova e á Garda Civil de Tráfico, que se desprazou ata o punto.

Tamén se mobilizou unha ambulancia ao ter coñecemento do accidente, segundo indicou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...