InicioSucesosCatro accientes provocados por condutores ebrios ou drogados durante os últimos días...

Catro accientes provocados por condutores ebrios ou drogados durante os últimos días en Lugo

A cidade de Lugo rexistrou este pasado festivo e o fin de semana ata catro accidentes de tráfico protagonizados por condutores que consumiran alcol ou drogas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo rexistrou este pasado festivo e o fin de semana ata catro accidentes de tráfico protagonizados por condutores que consumiran alcol ou drogas. Segundo informou a Policía Local, na madrugada deste domingo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno desprazáronse á Ronda das Fontiñas por un accidente de circulación.

Alí, observaron que un vehículo chocara contra un turismo estacionado, desprazándose e chocando á súa vez contra outro vehículo. Como consecuencia do primeiro impacto, o turismo causante virara sobre se mesmo, chocando en ángulo recto contra outro vehículo, estacionado na rúa. O condutor causante do accidente presentaba signos de embriaguez, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, que deron resultado positivo.

Por outra banda, na tarde do sábado produciuse outro accidente, tamén na Ronda das Fontiñas, no que o condutor deu positivo en alcol, algo que tamén ocorreu ao facerlle a proba ao condutor dun vehículo sinistrado na Ría Armórica. Finalmente, outro sinistro tivo lugar na Avenida Infanta Elena, onde un vehículo chocou co seu parte lateral dereita contra un poste de luz, despois de facer unha ‘peonza’. O condutor deu positivo en THC.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...

A neve condiciona a circulación na contorna de Pedrafita, coa LU-633 “transitable con precaución”

As nevadas condicionan a circulación na contorna de Pedrafita do Cebreiro, na montaña de...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das...