InicioSucesosIdentificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e identificado a un veciño que danou un bolardo e quitou outro, alegando que lle molestaban para virar o vehículo e entrar na súa propiedade.

Os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a unha rúa da zona norte da cidade, onde se viu a un home golpeando un bolardo cun mazo. Ao chegar, os policías observaron que un bolardo estaba totalmente torcido, golpeado e coa base de cemento rota; así mesmo, outro bolardo fora retirado. Os axentes identificaron a un home que recoñeceu ser o autor dos feitos.

Este veciño explicou que golpeara un bolardo con intención de sacalo porque lle dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade. Así mesmo, admitiu que o outro bolardo estaba no interior da súa leira. Por todo iso, os axentes levantaron acta dos danos para remitir á autoridade competente.

DOUS MOZOS DENUNCIADOS

Mentres estaban nesta intervención, os policías observaron a dous mozos que saíron dun local próximo e que se dirixiron a eles increpándoos. Os policías pedíronlles que se identificasen pero os mozos negáronse reiteradamente.

Finalmente, tras advertirlles das consecuencias, os mozos accederon a dar os seus datos e os policías levantaron acta de denuncia por dúas infraccións á Lei de Seguridade Cidadá, por faltar ao respecto aos axentes e por negarse a ser identificados.

ÚLTIMAS

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

A Deputación de Lugo reivindica o seu modelo de residencias de maiores

O responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...