InicioSucesosUn microbús con sete peregrinos a bordo queda atacasdo por restos de...

Un microbús con sete peregrinos a bordo queda atacasdo por restos de barro e de neve nun camiño do Cebreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil auxiliou a sete peregrinos que se dirixían nun microbús a un hotel no Cebreiro tras quedar atrapado o vehículo polo barro e a neve existente nun camiño do municipio lucense. Segundo trasladou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar ás 23,00 horas do pasado sábado a un quilómetro do hotel onde tiñan previsto aloxarse e iniciar á mañá seguinte a ruta cara a Santiago.

Ao parecer, a condutora do microbús accedeu ao camiño por indicación do GPS e o vehículo quedou atascado polo barro e restos de neve existentes na vía. Así, os peregrinos foron trasladados por persoal do centro hoteleiro que tiñan contratado e, tres horas máis tarde, púidose retirar o autobús coa colaboración da patrulla da Garda Civil que acudiu ao lugar.

A continuación, a condutora, que trasladaba aos peregrinos desde Madrid, emprendeu a viaxe de volta ao redor das 02,30 horas do pasado domingo, tendo previsto pasar a noite na provincia de León antes de continuar á capital de España.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...