InicioSucesosInvestigada por un delito de inxurias e calumnias unha nai que acusou...

Investigada por un delito de inxurias e calumnias unha nai que acusou a unha profesora de maltratar e tratar de envelenar á súa filla

O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias, por un presunto delito de inxurias e calumnias, contra a nai e a avoa dunha nena que acusaron a unha das profesoras do centro educativo no que cursa a menor de maltratala e envelenala. A docente, a quen as dúas mulleres culparon en reiteradas ocasións de someter á menor a diferentes tipos de malos tratos e de tentar envenenala, foi quen presentou a denuncia ao sentirse prexudicada por tales acusacións.

Como consecuencia de todo iso, a proxenitora e a avoa da menor, confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), atópanse actualmente sendo investigadas por un presunto delito de inxurias e calumnias contra funcionario público. A xuíza titular do órgano que instrúe o caso continúa realizando dilixencias sobre un asunto no que tamén tomou parte o servizo de menores da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...