InicioSucesosInvestigados dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos interceptados cando...

Investigados dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos interceptados cando conducían de forma temeraria pola N-6

No vídeo achegado por un axente fóra de servizo pódese observar como dous turismos efectuaban manobras de adiantamento en zona prohibida, pola dereita, e circulaban en zig-zag para cortar a circulación ao outro vehículo. Todo iso mentres numerosos vehículos circulaban polo outro carril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos de idade que foron gravados por un policía local fóra de servizo cando conducían de forma temeraria pola N-6. Segundo informou o Instituto armado, os feitos tiveron lugar o pasado mes de novembro na estrada N-6, á altura do quilómetro 500.

No vídeo achegado polo axente pódese observar como dous turismos efectuaban manobras de adiantamento en zona prohibida, pola dereita, e circulaban en zig-zag para cortar a circulación ao outro vehículo. Todo iso mentres numerosos vehículos circulaban polo outro carril.

Tras ter coñecemento dos feitos, realizáronse xestións para a identificación dos vehículos e dos seus condutores, que derivaron na investigación de ambos os condutores como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria. As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...