InicioSucesosDenuncian que un paciente do Psiquiátrico de Calde deu unha puñada a...

Denuncian que un paciente do Psiquiátrico de Calde deu unha puñada a unha auxiliar

CSIF reclama máis seguridade e unha praza de celador para o hospital tras este episodio cun doente que agora se atopa en Agudos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un paciente do Hospital Psiquiátrico de Calde, en Lugo, propinou unha puñada a semana pasada a unha enfermeira auxiliar que agora se atopa de baixa, segundo denuncia o sindicato CSIF. En declaracións a Europa Press, María Gorgoso, delegada de prevención do sindicato, relata a Europa Press que é unha “agresión anunciada”, porque o paciente presentaba fixación con varios traballadores, entre eles a que sufriu o golpe.

A recomendación que lle daban os facultativos era non enfrontarse a el ou ignoralo, suxestións “un pouco utópicas” tendo en conta o tamaño da unidade. O pasado domingo 7 de xaneiro, cando a auxiliar se atopaba subida a unha escaleira descolgando uns adornos do Nadal, o home achegóuselle e deulle a puñada.

“Despois dicía que non se arrepentía e que quería darlle a máis xente”, agrega a delegada de CSIF, quen explica que o paciente está agora na Unidade de Agudos, no Hospital Universitario Lucus Augusti, que era “onde xa tiña que estar desde facía uns días”, tal e como advertiron os traballadores en diversas ocasións.

María Gorgosa cre que fallou a adecuada valoración do paciente, pero reclama tamén que o centro de Calde conte con máis seguridade e cun celador, algo que a dirección “di que non, porque se cumpren os cocientes” de persoal. “Pero son enfermos inestables“, apostila a sindicalista.

A auxiliar agredida está de baixa e “moi nerviosa”. Aínda que o golpe físico non revestiu gravidade, si temeu por perder a visión do ollo esquerdo, xa que no dereito perdeuna facía anos. Consultadas por este episodio, fontes da Xerencia da área Sanitaria de Lugo lembran que o Hospital de Calde conta coas “medidas de seguridade necesarias” para a asistencia que presta, así como con protocolos de actuación específicos para estes casos.

ÚLTIMAS

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...