InicioSucesosDúas persoas feridas en senllas saídas de vía na A-6 en Guitiriz...

Dúas persoas feridas en senllas saídas de vía na A-6 en Guitiriz e Begonte

Dúas persoas resultaron feridas leves en dúas saídas de vía producidas con apenas 20 minutos de diferenza na autovía A-6 nos municipios lucenses de Begonte e de Guitiriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas leves en dúas saídas de vía producidas con apenas 20 minutos de diferenza na autovía A-6 nos municipios lucenses de Begonte e de Guitiriz.

O primeiro deles produciuse ás 15,11 horas deste martes á altura da parroquia de San Martiño de Pacios, na A-6, en dirección A Coruña. Unha persoa resultou ferida leve tras chocar o vehículo no que circulaba contra a varanda.

Un particular daba aviso desta saída de vía ao 112 Galicia e, a continuación, os operadores informaron os servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, ao GES Friol-Pas e ao servizo de mantemento de estradas.

Posteriormente, ás 15,30 horas, no quilómetro 527 desta mesma autovía, ao seu paso por Guitiriz –dirección A Coruña–, outro vehículo sufría unha saída de vía.

Neste caso, varios particulares alertaban ao 112, que mobilizou ata o lugar ao GES Friol-Pas, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, ao servizo de mantemento da estrada e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atendeu á condutora no punto.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...