InicioSucesosEntre dous e catro anos de prisión para tres homes que traficaban...

Entre dous e catro anos de prisión para tres homes que traficaban con resina de cannabis e MDMA nun local de lecer nocturno

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro mércores o xuízo contra tres homes acusados dun delito contra a saúde pública para os que Fiscalía pide entre dous e catro anos de prisión. Os feitos remóntanse a 2020 cando un dos acusados foi interceptado pola Policía Nacional nun establecemento de lecer nocturno con tres ovoides de resina de cannabis, das que non causan grave dano á saúde, cun peso neto de 26,61 gramos.

Ademais, estaba acompañado doutro dos acusados que atoparon no seu poder MDMA, considerada que causa grave dano á saúde, cun peso neto de 18,8 gramos e riqueza do 79,83 %, así como interviñéronlle 38 euros fraccionados. Finalmente, o outro acusado dedicábase ao tráfico de sustancias estupefacientes, en concreto de resina de cannabis, sendo a persoa que fornecía a sustancia a un dos acusados.

Posteriormente este acusado autorizou a entrada e rexistro no seu domicilio onde lle localizaron tres pezas de resina de cannabis, considerada como das que non causan grave dano á saúde, un coitelo e unha bolsa con restos de sustancia “aparentemente haxix e recortes plásticos”.

Por todo iso, Fiscalía solicita para dous dos acusados a pena de dous anos de prisión por un delito contra a saúde pública na modalidade que non causa grave dano á saúde, así como a multa de 250 euros para un deles e 350 euros para o outro. O terceiro dos acusados enfróntase a unha pena de prisión de catro anos de cárcere por un delito contra a saúde pública, na modalidade que causa grave dano á saúde, e a unha multa de 350 euros.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...