InicioSucesosFerida unha nena de dous anos tras ser atropelada en Lugo

Ferida unha nena de dous anos tras ser atropelada en Lugo

Un motorista, trasladado ao HULA despois chocar contra un coche este fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha nena de dous anos de idade resultou ferida este pasado fin de semana tras ser atropelada nas inmediacións do parque infantil de Fonte dos Ranchos de Lugo. Tal como informou a Policía Local, a nena estaba acompañada da súa nai cando, nun momento dado, soltouse da man da muller, invadindo o carril de circulación, co paso de peóns supostamente en vermello.

Así, foi alcanzada por un vehículo que a golpeou no costado, tirándoa ao chan. Por iso, foi trasladada en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a súa atención médica.

Horas antes, outro home tamén tivo que ser trasladado ao mesmo centro hospitalario tras resultar ferido ao chocar contra un vehículo mentres circulaba coa súa moto. Os feitos ocorreron nas inmediacións da vella depuradora, no paseo de Ombreiro, onde ambos os vehículos tiveron un accidente, resultando ferido leve o motorista.

ÚLTIMAS

Libros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar material da autora homenaxeada este ano...

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...