InicioSucesosUn condutor resulta ileso en Guitiriz tras saírse da vía, romper un...

Un condutor resulta ileso en Guitiriz tras saírse da vía, romper un valado e precipitarse por un barranco

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este luns unha persoa resultou ilesa tras caerse desde un desnivel pola A-6 en Guitiriz. O suceso ocorreu ás 16.00 horas no quilómetro 537, en dirección Arteixo. Foi outro condutor o que alertou de que vira unha saída de vía, pero que non puidera parar. O 112 puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron enseguida ao momento.

Ademais, informaron á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Curtis e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Nada máis chegar ao lugar, os efectivos de Protección Civil indicaron que se tratou dun accidente moi aparatoso. O coche, tras saírse da vía, rompeu un valado e precipitouse por un desnivel. Afortunadamente, o condutor estaba fóra do turismo e, segundo informóuselle ao 112, resultou ileso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...