InicioTerra CháGuitirizMorre un home ao envorcar o tractor que conducía nunha leira de...

Morre un home ao envorcar o tractor que conducía nunha leira de Guitiriz

Un home morreu ao envorcar o tractor que conducía nunha leira da paraxe de Vacariza, na parroquia guitiricana das Negradas (Lugo), segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home morreu ao envorcar o tractor que conducía nunha leira da paraxe de Vacariza, na parroquia guitiricana das Negradas, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.

Foi un familiar do falecido quen deu aviso ao centro de emerxencias despois das 19.30 horas deste luns. Ao parecer, o home circulaba no tractor na leira cando envorcou e quedou atrapado baixo o vehículo.

Ata o lugar desprazáronse sanitarios de Galicia-061, Bombeiros de Vilalba, o GES de Friol-Pas, axentes da Garda Civil e membros do Grupo de Voluntarios de Protección Civil do municipio. Alí traballaron para liberar o corpo xa sen vida do home.

ÚLTIMAS

A Raíña Sofía visita o Banco de Alimentos, un “soño cumprido” para a entidade

A Raíña Sofía visitou este luns o Banco de Alimentos de Lugo, onde se...

A Carqueixa, a gandería heroica dos Ancares, premio a mellor proxecto MIES

A Cooperativa A Carqueixa foi seleccionada polo Proxecto MIES (Movimiento para la Innovación y el Emprendimiento...

Intervención artística de Abraham Pérez en Santiago este martes

O poeta lucense Abraham Pérez estará este martes 14 de maio ás 19:00h, en...

Rescatado un home que se quedou pechado nunhas galerías en Lugo

A Policía Local de Lugo rescatou a unha persoa que se quedou atrapada nunhas...