InicioSucesosAberta a A-6 en Becerreá tras case un día pechada polo desprendemento...

Aberta a A-6 en Becerreá tras case un día pechada polo desprendemento de terra e rochas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A circulación na estrada N-6 entre as provincias de Lugo e León, que se cortou na madrugada deste venres por un accidente con dous camións e unha furgoneta, quedou restablecida á primeira hora desta tarde, confirmaron fontes da DXT e da Subdelegación do Goberno en Lugo.

Así, unha vez retirados os vehículos sinistrados e a carga, púidose reabrir o viario e recuperar o tráfico, que fora desviado polo antigo trazado da N-6, ao seu paso polo Castro.

Dáse a circunstancia de que, precisamente ese tramo da N-V estaba habilitado desde o verán de 2022 como alternativa tras o colapso do viaduto do Castro na A-6. Por outra banda, na autoestrada A-6 permanece cortado o carril esquerdo, en dirección Arteixo, debido ao desprendemento de rocas e terra dun noiro na tarde deste xoves. Ante este incidente, habilitouse un desvío entre os quilómetros 438 e 457, con paso alternativo pola N-6.

Á primeira hora desta tarde, restableceuse a circulación en ambos os sentidos na autoestrada, aínda que dita circulación é dun só carril por sentido no tramo afectado polo derrube.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...