InicioSucesosInvestigada en Lugo unha condutora por tres delitos contra a seguridade viaria

Investigada en Lugo unha condutora por tres delitos contra a seguridade viaria

A Policía Local de Lugo tamén propuxo para sanción de ata 900 euros a 23 mozos por ouriñar na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo atribúe a unha condutora tres delitos contra a seguridade viaria, entre eles carecer do permiso de circulación, segundo informa.

Na tarde do día 14, unha patrulla da Policía de Barrio detectou a circulación irregular dun vehículo na rúa Perpetuo Socorro, dándolle o alto e comprobando que a muller presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol ou as drogas.

Finalmente, deu un resultado positivo de 0,86 milogramos por litroO test de drogas negouse a pasalo a pesar de ser informada que a negativa levaba a comisión dun delito.

Tamén se comprobou que non tiña o permiso de conducir polo que se instrúen dilixencias por tres delitos contra a seguridade viaria. No caso do seu acompañante, instrúenselle tamén como cooperador necesario na realización do delito.

Por un delito contra a seguridade viaria, realizáronse as mesmas actuacións no caso doutro condutor detectado na rúa Lambas de Prado e que arroxou un resultado positivo de 0,81 miligramos por litro na proba de alcol.

Houbo tamén oito casos de alcoholemias administrativas a condutores sancionados con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducirPor condutas incívicas, ao ouriñar na vía pública, propúxose sanción de ata 900 euros para 23 mozos.

ÚLTIMAS

Libros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar material da autora homenaxeada este ano...

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...