InicioSucesosInvestigan por condución temeraria a un octoxenario que conducía en sentido contrario...

Investigan por condución temeraria a un octoxenario que conducía en sentido contrario pola A6 á altura de Baamonde

O coche foi localizado á altura do quilómetro 523, sendo identificado o condutor, un home octoxenario que está a ser investigado por condución temeraria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo investiga por condución temeraria a un octoxenario que foi interceptado conducindo en sentido contrario pola autovía A6 á altura da localidade de Baamonde.

Tal como informou a Benemérita, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas deste pasado luns, cando se tivo coñecemento de que un vehículo circulaba pola A-6 en sentido contrario, dirección Madrid polos carrís sentido A Coruña.

Minutos máis tarde, o coche foi localizado á altura do quilómetro 523, sendo identificado o condutor, un home octoxenario que está a ser investigado por condución temeraria.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...