InicioA UlloaPalas de ReiIdentifican o presunto autor dos incendios de Palas de Rei que queimaron...

Identifican o presunto autor dos incendios de Palas de Rei que queimaron 126 hectáreas

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta han identificar ao suposto autor de diferentes incendios rexistrados a mediados de agosto en Palas de Rei (Lugo), que arrasaron en total unhas 126 hectáreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta han identificar ao suposto autor de diferentes incendios rexistrados a mediados de agosto en Palas de Rei, que arrasaron en total unhas 126 hectáreas.

A Administración autonómica puxo os feitos en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente, que remitiu as actuacións ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chanatada, para que este incoe dilixencias previas por un delito de incendio forestal.

Esta persoa foi identificada tras un traballo de investigación “de dous anos” en colaboración con axentes ambientais que exercen na zona, segundo informa a Xunta a través dun comunicado.

Así, púidose solicitar probas indiciarias suficientes para pór a disposición xudicial a esta persoa por un dos últimos incendios, concretamente o que afectou a 126 hectáreas de monte raso na parroquia de Orosa. De feito, trátase dun terreo “de alto valor ecolóxico” e a maior parte está situado en Rede Natura 2000.

Os profesionais de UIFO constatan que a zona do Careón é, “historicamente”, unha área “de alta incidencia de incendios forestais” que se rexistran “de modo provocado” polas súas características, coa intención “de queimar a maior superficie de monte posible”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...