InicioSucesosExcarcerado un condutor despois dun accidente entre dous vehículos en Outeiro de...

Excarcerado un condutor despois dun accidente entre dous vehículos en Outeiro de Rei

A persoa que conducía o outro vehículo implicado no accidente puido saír polos seus propios medios e non resultou ferida de consideración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido e tivo que ser excarcerado despois de chocar o coche que conducía contra outro turismo ao seu paso polo concello lucense de Outeiro de Rei, segundo informa o 112. O accidente ocorreu poucos minutos antes das 9.00 horas. Segundo a información facilitada ao 112 polos membros do GES de Friol-Pas, dous vehículos chocaron entre si e acabaron saíndose da vía por distintas marxes da A-6, á altura do punto quilométrico 504, sentido Lugo.

A consecuencia do impacto, un dos turismos envorcou e o seu condutor necesitou a axuda dos Bombeiros de Vilalba ao quedar atrapado no interior. Foron varios os particulares que chamaron ao 112 para alertar do ocorrido e, a partir de aí, este servizo de emerxencias solicitou a intervención dos profesionais do 061, que comunicaron a mobilización de dúas ambulancias ata o lugar, unha delas, medicalizada.

Ata o punto tamén se desprazaron os Bombeiros de Vilalba, os membros do GES Friol-Pas, axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento das estradas. Unha vez finalizados os labores de excarceración, o condutor foi evacuado polo equipo sanitario ao centro hospitalario de referencia. Pola contra, a persoa que conducía o outro vehículo implicado no accidente puido saír polos seus propios medios e non resultou ferida de consideración.

OUTRO COCHE ENVORCADO NA RÚA

Ademais, no concello ourensán da Rúa produciuse outro accidente de características similares entre dous turismos na mañá deste luns. Sucedeu ás 9.45 horas na Rúa do Campo Grande, á altura do número 6, e unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia polo equipo de urxencias médicas.

Nesta ocasión, particulares que se atopaban no lugar axudaron á ferida a saír dun dos vehículos accidentados, que finalizou envorcado. Tamén neste caso o operativo activouse tras recibir o 112 a alerta dun particular. Foron avisados o 061, axentes da Garda Civil de Tráfico, bombeiros e membros do GES de Valdeorras e voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...