InicioMedioambiente e PatrimonioControlados os incendios de Palas de Rei e Castro de Rei con...

Controlados os incendios de Palas de Rei e Castro de Rei con máis de 150 hectáreas queimadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural xa dá por controlados os dous incendios forestais que afectan os municipios lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei. Entre ambos, suman máis de 150 hectáreas queimadas desde o venres.

O máis grande é o de Palas, cunhas 125 hectáreas arrasadas na parroquia de Orosa, preto de Melide. Iniciábase ás 16,21 do venres e 24 horas despois, sobre as 16,35 deste sábado, deuse por controlado. Ata o momento, segundo informa a Consellería, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, 19 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, tres pas, catro avións e cinco helicópteros.

Á súa vez, quedou controlado ás 16,47 deste sábado o incendio de Castro de Rei, que afecta á parroquia de Santa Locaia.

Iniciábase pouco antes das 16,00 da tarde do venres en dúas naves industriais –una delas, de labras de madeira, ardeu por completo– e, tras saltar ao monte, leva arrasadas unhas 27,5 hectáreas. Polo momento, a Xunta mobilizou tres técnicos, sete axentes, 19 brigadas, 15 motobombas, dous avións e tres helicópteros.

OUTROS INCENDIOS

Por outra banda, segundo informa a Europa Press a Consellería do Medio Rural, o incendio que afectaba o municipio ourensán de Avión, na parroquia de Abelenda, continúa sen extinguir. No entanto, pouco antes das 10,00 horas da mañá deuse por controlado, con case 16 hectáreas queimadas.

Tamén está controlado desde pouco antes das 23,00 da noite do venres uno dos lumes que afectan a Trasmiras, concretamente o da parroquia de Vila de Rei, que afecta a 8 hectáreas. O resto deste concello xa quedaron extinguidos.

Así mesmo, a última hora da tarde do venres quedaba tamén apagado o de Rubiá, cunha estimación de 13,5 hectáreas queimadas –máis de 8 eran de monte arboledo–.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...