InicioSucesosPrisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo a...

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo a un organizador da proba ciclista de Cervantes

Cando o ferido tratou de impedir o seu cruce ante o paso do pelotón, o acusado atropelouno causándolle un forte golpe na cabeza, que o mantén na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado de Becerreá decretou este venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo supostamente intencionado na proba ciclista celebrada o pasado domingo en Cervantes.

O home está investigado por un delito de tentativa de homicidio, omisión do deber de socorro e condución con desprezo á vida dos demais. O ferido era un dos membros organizadores da proba ciclista Ancares Cycling Marathon.

De acordo cos servizos de emerxencias, o suceso ocorreu sobre as 12.30 horas do mediodía e a vítima resultou con feridas de gravidade, polo que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladalo ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), onde permanece na UCI.

Os feitos ocorreron nun cruzamento no que o condutor, a pesar da advertencia de Protección Civil, quería atravesar o cordón de seguridade e acceder co coche á estrada que, nese momento, estaba cortada porque ía pasar o pelotón.

Ante a negativa do condutor, a vítima (uno dos organizadores da proba ciclista) saíu dun dos coches de seguridade para tentar impedir que cruzase. Foi nese momento cando o atropelou, tal e como relatan fontes da organización.

O home sufriu un forte golpe na cabeza e foi atendido nun primeiro momento polos servizos médicos da carreira e da PAC de San Román, pero logo tivo que ser derivado en helicóptero ao HULA, onde permanece grave na UCI, segundo informan fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de 200 animais en Cervantes

A 4ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que se celebra no municipio lucense...

A xuízo por insultar, acosar e ameazar de morte a unha parella homosexual en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro xoves día 16 o xuízo contra un home...

O PSOE de Lugo critica as “malas praxes” do PP en relación aos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

A secretaria xeral do PSOE de Lugo, Ana González, criticou as "malas praxes" que supostamente levou...

Desarticulado desde Lugo un grupo especializado en roubos con forza, con 15 detencións

A Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, en coordinación coa Xendarmería francesa e...