InicioSucesosA xuízo por insultar, acosar e ameazar de morte a unha parella...

A xuízo por insultar, acosar e ameazar de morte a unha parella homosexual en Lugo

Polo menos en dúas ocasións ameazaron á parella con facerlles dano ou matalos, e acusáronos de "pedófilos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro xoves día 16 o xuízo contra un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella homosexual que residía en Lugo. Segundo o escrito de Fiscalía, o acusado, posto de común acordo con dous menores, dedicouse durante o mes de maio de 2022 a insultar e ameazar en repetidas ocasións a unha parella homosexual que residía na cidade, con “absoluto desprezo” cara a eles. En concreto, o acusado e os seus dous cómplices menores “chamaron en diversas ocasións de maneira insistente” ao interfono da vivenda, golpearon a porta do portal, tiraron pedras ás xanelas do domicilio e proferíronlles expresións vexatorias como “fodido maricón”.

Polo menos en dúas ocasións ameazaron á parella con facerlles dano ou matalos, e acusáronos de “pedófilos”. Nunha ocasión, o procesado ou un dos seus acompañantes deu patadas á porta do portal onde residía a parella á vez que gritaba “subirei, entrarei e matareiche”, mentres que noutra gritou desde a vía pública a unha das vítimas que ía regresar “morto a Irlanda”, de onde era orixinario. O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito e odio e de dous delitos de ameazas e pide para o procesado tres anos e nove meses de prisión, así como unha multa de 3.240 euros e unha indemnizació de 1.500 euros para cada un dos prexudicados.

ÚLTIMAS

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...

As Nogais homenaxea a tres veciños deportados a campos nazis coa colocación de ‘storpelsteine’

As Nogais homenaxeou este sábado a tres veciños que foron deportados a campos de...

A Deputación de Lugo denuncia que o PP falsea o alcance das sentenzas de Tragsa

A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións...