InicioSucesosA Garda Civil investiga o atropelo a un home, ingresado na UCI,...

A Garda Civil investiga o atropelo a un home, ingresado na UCI, nunha proba ciclista en Cervantes

Abriu unha investigación para esclarecer o atropelo este domingo, supostamente intencionado, dun dos membros organizadores da proba ciclista Ancares Cycling Marathon.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o atropelo este domingo, supostamente intencionado, dun dos membros organizadores da proba ciclista Ancares Cycling Marathon, nunha estrada de Cervantes. De acordo cos servizos de emerxencias, o suceso ocorreu sobre as 12.30 horas do mediodía e a vítima resultou con feridas de gravidade, polo que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladalo ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), onde permanece na UCI.

A Garda Civil confirma que se investiga este atropelo e que “todas as hipóteses están abertas”. Aínda non transcendeu oficialmente a detención do condutor do vehículo, aínda que fontes da organización aseguran que si foi apresado in situ mentres os axentes redactaban o ateigado. Os feitos ocorreron nun cruzamento no que o condutor, a pesar da advertencia de Protección Civil, quería atravesar o cordón de seguridade e acceder co coche á estrada que, nese momento, estaba cortada porque ía pasar o pelotón.

Ante a negativa do condutor, a vítima (un dos organizadores da proba ciclista) saíu dun dos coches de seguridade para tentar impedir que cruzase. Foi nese momento cando o atropelou, tal e como relatan fontes da organización. O home sufriu un forte golpe na cabeza e foi atendido nun primeiro momento polos servizos médicos da carreira e da PAC de San Román, pero logo tivo que ser derivado en helicóptero ao HULA, onde permanece grave na UCI, segundo informan fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de 200 animais en Cervantes

A 4ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que se celebra no municipio lucense...

A xuízo por insultar, acosar e ameazar de morte a unha parella homosexual en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro xoves día 16 o xuízo contra un home...

O PSOE de Lugo critica as “malas praxes” do PP en relación aos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

A secretaria xeral do PSOE de Lugo, Ana González, criticou as "malas praxes" que supostamente levou...

Desarticulado desde Lugo un grupo especializado en roubos con forza, con 15 detencións

A Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, en coordinación coa Xendarmería francesa e...