InicioSucesosDetidas dúas mulleres de Cospeito e Vilalba por reter nunha vivenda a...

Detidas dúas mulleres de Cospeito e Vilalba por reter nunha vivenda a unha anciá á que roubaron 30.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas veciñas de Cospeito e Vilalba foron detidas pola Garda Civil por manter baixo chave nunha vivenda durante 50 días a unha anciá. Unha delas roubou 30.000 euros da conta bancaria da vítima. Nun comunicado, a Garda Civli informa que se lles imputan os delitos de detención ilegal, estafa, apropiación indebida, omisión do deber de socorro, así como abandono de familia, menores ou persoas con discapacidade necesitas de especial protección.

A investigación iniciouse o pasado mes de abril por mor dun auxilio sanitario a unha persoa de avanzada idade que se atopaba soa nunha vivenda. Estas dúas mulleres puxeron en risco a vida da anciá por inanición. As detidas foron postas a disposición xudicial a pasada semana, segundo informa a Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...