InicioSucesosCargas policiais en Lugo na protesta de bombeiros de consorcios provinciais

Cargas policiais en Lugo na protesta de bombeiros de consorcios provinciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antidisturbios da Policía realizaron cargas en Lugo durante a protesta de bombeiros de consorcios provinciais ao tentar colocar unha pancarta ante a sede da Xunta este martes.

A protesta iniciábase sobre as 11,00 horas coa presenza de 300 e 400 bombeiros. Despois de producirse a carga, representantes dos manifestantes negociaron cos axentes para que catro deles poidan pasar e colocar a pancarta.

Na mobilización pódense ler pancartas en contra dos presidentes das deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González Formoso e José Tomé, e realízanse cánticos para pedir a dimisión do director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva.

Os bombeiros de consorcios provinciais maniféstanse en Lugo en defensa de melloras laborais e de dotación de medios dos servizos. Tras o seu paso pola sede da Xunta, continúan o percorrido pola Rolda da Muralla para manifestarse ante a sede da Deputación de Lugo.

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa do Consorcio en Lugo, Álvaro Negreira (UXT), explica que se viviron momentos “cun pouco de tensión” ao realizar os axentes un cordón que impedía pasar aos manifestantes á praza ante a Delegación da Xunta en Lugo.

“Non nos deixaban entrar, non nos deixaban pór a pancarta e empezáronnos a presionar e a tensionar”, lamenta. Tras iso, expúxose aos policías que viñan “en actitude pacífica” que só se quería poder ensinar a pancarta, polo que se deixou pasar a un grupo reducido á praza.

MESA DE NEGOCIACIÓN ROTA

Así, Negreira censura a “pasividade por parte das administracións” ante as súas condicións laborais.Explica que nesta protesta participaron profesionais chegados de diferentes puntos de Galicia para denunciar a súa situación de precariedade laboral “porque practicamente todos os consorcios están igual, xestionados pola Xunta e as deputacións”. Denuncia problemáticas como falta de persoal e que non hai os mínimos necesarios nas quendas para garantir a súa seguridade e “as dos propios cidadáns”.

O presidente do comité lamenta que a mesa de negociación do convenio colectivo en Lugo, iniciada en 2021, está rota ao non haber avances por parte da Xunta. Recrimina a “falta de respecto” de propostas do Goberno galego, tales como apostar por servizos mínimos de tres efectivos no canto da reclamación de catro ou cinco persoas que demandaban os traballadores, ademais de proposicións “ridículas” en relación ao pago de horas extras, que cre que buscan “non chegar a acordo”. Por todo iso, os bombeiros de consorcios provinciais demandan “condicións dignas como teñen os bombeiros municipais”.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e tres feridos, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que...

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...