InicioSucesosDous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas persoas detidas e varias feridas, entre elas os dous arrestados, segundo informaron fontes policiais.

Os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo, cando un home entrou no establecemento e o propietario afeoulle a súa presenza, xa que estivera implicado en pelexas anteriormente e exhibira navallas no local. Así, iniciouse unha discusión e o home sacou unha arma branca, ameazando ao dono do establecemento. Cando outro cliente se achegou para tratar de mediar, iniciouse unha disputa na que os tres resultaron feridos. Igualmente, resultou con lesións a parella do dono do pub.

Cando a Policía chegou ao establecemento, o cliente que iniciara a liorta e sacara a navalla xa non se atopaba alí, pero foi localizado posteriormente con feridas graves, polo que foi trasladado ao HULA en ambulancia. O 061 confirmou que se trata dun home de 23 anos, S.P.R., evacuado nunha ambulancia de soporte vital básico. A Policía acabou detendo a este mozo, así como ao dono do local que, segundo testemuñas, logrou arrebatarlle o coitelo e atacoulle con el.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...