InicioSociedadeDúas persoas feridas graves tras saír da vía o vehículo no que...

Dúas persoas feridas graves tras saír da vía o vehículo no que viaxaban en Navia de Suarna

Pasaban cinco minutos das 5,30 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que estaba no lugar do accidente, o quilómetro 26 da LU-722, en Freixís.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas de gravidade tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban no municipio lucense de Navia de Suarna. Segundo informou o 112, os Bombeiros de Sarria tiveron que facer uso do seu material de excarceración para liberar a unha das persoas. Ambas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Pasaban cinco minutos das 5,30 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que estaba no lugar do accidente, o quilómetro 26 da LU-722, en Freixís. Xa durante esta conversa indicaba que un dos implicados parecía incapaz de abandonar polos seus propios medios o vehículo, que caeu por un terraplén e deixara múltiples restos espallados na estrada.

Unha vez alí, os servizos de emerxencias confirmaron a situación e os Bombeiros de Sarria procederon a excarcerar a un dos feridos. A continuación, ambos foron evacuados en estado grave en ambulancia ao centro hospitalario.

Neste operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento das estradas, que procederon coa limpeza da vía. Á súa vez, unha estrada local próxima quedou afectada pola caída dunhas árbores a consecuencia do accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...