InicioSucesosIncendio nunha casa abandonada en lugo que xa ardera outras veces

Incendio nunha casa abandonada en lugo que xa ardera outras veces

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 112 Galicia recibiu na noite do xoves outra alerta de incendio, neste caso nunha casa abandonada en Lugo.

Segundo os servizos de emerxencias, o lume afectaba a unha casa unifamiliar abandonada, situada na rúa de San Lourenzo, na cidade de Lugo e que, indicaron os Bombeiros, xa ardera noutras ocasións.

Tras finalizar a súa intervención, os Bombeiros indicaron que, nesta ocasión, o lume iniciouse no primeiro piso, que ardeu por completo, e pasara á segunda planta, na que se viron afectadas as vigas de madeira do, teito polo que tiveron que proceder a retirar as tellas.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...