InicioLugo e contornaLugoLocalizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

Un particular achou ao octoxenario no chan con signos de hipotermia a varios quilómetros do centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado xoves foi localizado en Bóveda por un particular e trasladado ao hospital. Fontes policiais explicaron que o home foi achado por un viandante no chan na contorna de Ribas Pequenas, no termo municipal de Bóveda, a varios quilómetros de distancia do seu centro de residencia.

Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local activaran un operativo de procura polo centro urbano de Monforte e zonas limítrofes desde o momento no que foi comunicada a desaparición. Na procura tamén se implicaron numerosos veciños da zona.

Tras a súa localización, o home foi trasladado ao Hospital Comarcal de Monforte en estado consciente, aínda que presentaba signos de hipotermia e mazaduras. O seu estado, que a priori parecía non revestir gravidade, será chequeado no centro sanitario para descartar calquera complicación tras pasar varias noites fóra do centro.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...