InicioSucesosPiden dous anos para unha nai por "reiterada conduta violenta" cara ao...

Piden dous anos para unha nai por “reiterada conduta violenta” cara ao seu fillo de 17 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo xulgará o vindeiro venres, día 21, a unha muller acusada de “reiterada conduta violenta” cara ao seu fillo de 17 anos, ao que tentou golpear cun martelo e ao que cravou un desaparafusador.

Segundo recolle o escrito de acusación fiscal, a muller conviviu co seu fillo entre os meses de setembro e outubro de 2021, “mantendo de forma reiterada unha conduta violenta e agresiva cara ao mesmo”. Neste período, a acusada comezou a agredir ao menor “propinándolle varios golpes, mediante puñadas, en diversas partes do corpo, tirándolle do cabelo, rabuñándolle e mordéndolle“, explica o escrito.

Ademais, tentou propinarlle un golpe na cabeza cun martelo, o cal non conseguiu, e agrediuno tamén cunha copa de cristal e cun desaparafusador, que lle cravou na man esquerda. Ao día seguinte, prosegue o fiscal, “a acusada agrediu novamente ao seu fillo” no interior do seu domicilio, “propinándolle unha puñada na perna”.

14 de outubro, o xulgado impuxo unha orde de afastamento do menor. Agora, o Ministerio Público considera os feitos constitutivos de dous delitos de malos tratos no ámbito familiar, polo que pide para a muller dous anos de prisión e prohibición de achegarse ao seu fillo por un período de seis anos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...