InicioSucesosUn condutor dá datos falsos á Policía Local tras ser identificado sen...

Un condutor dá datos falsos á Policía Local tras ser identificado sen permiso

Enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este mércores a un condutor sen permiso, ao ver que circulaba nun vehículo nun estado deteriorado, que resultou ir indocumentado e tratou de proporcionar información falsa sobre a súa identidade aos axentes.

Segundo trasladou a Policía nun comunicado, o home foi identificado o transcurso dun control estático establecido nas inmediacións do Parque da Milagrosa, xa que conducía un vehículo de alta gama con placas de matrícula de Romanía, desde setembro.

Nesta liña, o coche presentaba os faros e retrovisores rotos e o titular non presentara a ITV no prazo correcto. Os axentes explicaron que ao proceder á súa identificación, o home non presentaba ningún documento, descoñecía o seu número de DNI e deu datos aos axentes que resultaron ser falsos.

Deste xeito, o home foi trasladado á Unidade de Atestados onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...