InicioSucesosPillan a un condutor borracho que nunca sacara o carné

Pillan a un condutor borracho que nunca sacara o carné

Tamén se negou a identificarse ante a policía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor de 32 anos de idade, que foi sorprendido circulando sen carné, con taxa de alcolemia positiva, e que se negou a achegar datos para a súa identificación.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando unha dotación nun control de seguridade viaria en San Roque con Mártires de Carral, observou que un condutor parou o coche e baixouse do mesmo ao detectar a presenza policial.

Ao ser requirido para que se identificasen, o home alegou que estaba indocumentado e manifestou uns datos verbalmente, que resultaron falsos. Ademais, foi sometido á proba de alcolemia, que arroxou un resultado positivo de 0,63 mg/l, e solicitóuselle que se sometese á proba de detección de drogas, pero o condutor negouse. Así mesmo, constatouse que o home carece de permiso de conducir, porque non o obtivo nunca.

A Policía Local de Lugo tamén informou doutras tres denuncias a condutores que arroxaron resultado positivo nas probas de alcolemia, un deles condutor novel.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Por outra banda, a Policía tamén informou doutras intervencións, como a detención dun home que se presentou en dependencias de Xefatura do 092 solicitando permiso para pasar a noite no Fogar do Transeúnte, e sobre o que pesaba unha orde de arresto e comparecencia.

Así mesmo, estableceuse un dispositivo nos arredores do HULA, contra a actividade ilegal dos ‘gorrillas’ aparcacoches. Así, foron denunciadas varias persoas por infrinxir a ordenanza de circulación e, aínda que inicialmente abandonaron o lugar, a Policía Local comprobou que volveron pouco despois.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...