InicioSucesosUn acusado de abusar sexualmente de menores auséntase do xuízo en Lugo

Un acusado de abusar sexualmente de menores auséntase do xuízo en Lugo

O 31 de outubro de 2018, as dúas vítimas desprazáronse ao hostal de San Roque onde vivía o procesado que si se presentou á vista xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos dous acusados por cometer abusos sexuais contra dous menores de idade na cidade de Lugo non acudiu ao xuízo que tivo lugar na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, onde si compareceu o outro procesado, para o que Fiscalía pide case oito anos de cárcere.

Durante a súa comparencia na vista, este último, de nacionalidade romanesa, asegurou que coñecía ás vítimas a través do outro acusado, que se enfronta a unha petición de catro anos de cárcere por parte do Ministerio Pública.

Pola súa banda, as vítimas testificaron que acudiron voluntariamente á vivenda onde residía un dos acusados e que alí foron sometidas a tocamentos sen o seu consentimento.

Un día máis tarde, o 31 de outubro de 2018, as dúas vítimas desprazáronse ao hostal de San Roque onde vivía o procesado que si se presentou á vista xudicial. Alí, segundo a versión das denunciantes, foron sometidas outra vez a tocamentos.

Durante o seu testemuño, o procesado, que está en prisión por outra causa, asegurou que ten problemas co alcol, á vez que recoñeceu que o 31 de outubro foi recoller ás menores na estación de autobuses da cidade de Lugo.

Na súa declaración, o acusado afirmou que coincidira cos menores un “cinco veces anteriormente” e relatou que “bebían e fumaban porros”, o que lle levou a deducir que eran “maiores de idade”. Ademais en resposta á súa avogada, esquivou as preguntas da fiscalía, puntualizaba que en Rumania empézase a ter relacións sexuais “con 14 anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...