InicioSucesosFeridos tras caer por un terraplén o coche no que viaxaban

Feridos tras caer por un terraplén o coche no que viaxaban

Os dous ocupantes puideron saír do vehículo polo seu propio pé

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas tras saírse da vía o coche no que viaxaban, en Lugo, e caer por un terraplén, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

O sinistro produciuse sobre as 12.30 horas na estrada que conduce do Corgo a Lugo, e o 112 tivo coñecemento do mesmo a través de persoal de Urxencias Sanitarias-061.

Un particular que se atopaba na zona informou os servizos de Emerxencias de que os dous ocupantes do coche accidentado podían saír do vehículo polos seus propios medios, pero apuntaba que necesitaban asistencia médica.

Ambas as persoas foron trasladadas en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti. No operativo tamén participaron membros da Garda Civil de Tráfico, bombeiros, Policía Local e o servizo de mantemento de estradas.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...