InicioSucesosA acusada de abandonar o seu recén nacido no hospital de Lugo...

A acusada de abandonar o seu recén nacido no hospital de Lugo asegura que ía velo “cando podía”

O menor foi tutelado pola Xunta poucos días despois do seu nacemento, ao declaralo en desamparo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Finalmente as partes non chegaron a un acordo de conformidade e este martes arrincou o xuízo en Lugo contra unha nai de Monforte de Lemos que supostamente abandonou o seu recén nacido no hospital tras dar a luz, algo que ela negou e alegou que ía velo “cando podía”. Fiscalía pide para ela dous anos e medio de prisión.

Por videoconferencia e desde Monforte declarou ante o xuíz a muller, que ten outros catro fillos de idades comprendidas entre o trece anos e tan só un, no caso da máis pequena.

Os feitos xulgados remóntanse a decembro de 2018, cando a muller deu a luz a un bebé no Hospital de Monforte. Tras o dar a luz, a nai e o bebé foron trasladados ao Hospital de Lugo, onde o recén nacido quedou ingresado na UCI de neonatos.

Segundo o escrito de acusación Fiscal, despois de recibir o alta, o 21 de decembro, a procesada non visitou ao menor na sala de coidados intensivos onde permaneceu ingresado dous meses e medio e tampouco o inscribiu. O menor foi tutelado pola Xunta poucos días despois do seu nacemento, ao declaralo en desamparo.

Durante a vista, a muller asegurou que ía ver ao bebe “cando podía” –enumerou un cinco veces– e que “chamaba todos os días” interesándose por el ao hospital lucense, dado que lle dicían que o pequeno “estaba grave”.

A preguntas da Fiscalía, a acusada replicou que deixou de interesarse polo pequeno “cando non llo deixaron ver” no Hula, e porque soubo que “estaba tutelado e queríano dar en adopción”. “Eu sabía que ía estar ben aí”, xustificou en sede xudicial.

Por outra banda, a nai asegurou que, aínda que deu a luz en decembro, non foi ata outubro que descubriu que estaba embarazada, porque tiña “a regra igual”. No xuízo negou que se houbese drogado durante o embarazo, aínda que non soubo explicar a preguntas da acusación como é que o bebé “deu positivo en drogas” ao nacer. Ela afirmou que só tomaba “anticonceptivos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...