InicioSociedadeDeclaran nulo o despido de catro traballadoras dunha empresa que prestaba servizos...

Declaran nulo o despido de catro traballadoras dunha empresa que prestaba servizos ao Concello de Lugo

O xulgado condenou á empresa Abante Business Process Outsourcing a que opte entre readmitir ás demandantes no seu posto de traballo ou indemnizalas cun total de 11.382 euros pola extinción da relación laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 4 de Lugo declarou improcedente o despedimento, feito efectivo o 1 de abril de 2022, de catro traballadoras de une empresa que prestaba servizos ao Concello de Lugo e que estaban adscritas ao servizo 010.

Desta maneira, condenou á empresa Abante Business Process Outsourcing a que opte entre readmitir ás demandantes no seu posto de traballo ou indemnizalas cun total de 11.382 euros (sumadas as catro indemnizacións) pola extinción da relación laboral.

Desa contía, segundo especifica a maxistrada na sentenza, debe deducirse a indemnización que por cesamento do contrato puidesen percibir as traballadoras, sinala o TSXG.

Na resolución, a xuíza explica que a empresa, por decisión unilateral, deixou de prestar o servizo de atención telefónica 010 desde o 8 de marzo de 2022.

É evidente que se trata dun suposto de despedimento tácito, posto que existe unha vontade evidente do empresario de pór fin á relación laboral, posto que procedeu a dar de baixa na Seguridade Social ás traballadoras”, recalca a titular do Xulgado do Social número 4 de Lugo no fallo, no que indica que os despedimentos deben ser cualificados como improcedentes porque “non se axustan ás formalidades establecidas na lexislación vixente”, que establece que “o despedimento deberá ser notificado por escrito, indicando os feitos que o motivan e a data de efectos”.

A maxistrada eximiu de responsabilidade solidaria á entidade Central de Chamadas porque “non asumiu o servizo de atención telefónica 010 que había previamente prestado Abante”.

A xuíza asegura que non se tratou “dunha sucesión de contratas”, pois Central de Chamadas, “provisionalmente e durante apenas tres meses, asumiu a atención de chamadas ante o abandono do servizo por parte de Abante, pero, na actualidade, o servizo é prestado polo propio Concello de Lugo“. Contra a resolución cabe presentar recurso de suplicación ante o TSXG.

ÚLTIMAS

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...