InicioSucesosIncendio na queixería Daniberto, en Vilalba

Incendio na queixería Daniberto, en Vilalba

Afortunadamente os danos foron só nunha sala e non se extenderon a todo o edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CIAE 112-Galicia informou dunha intervención a última hora da tarde do martes, cando se rexistrou un incendio na queixería Daniberto, da localidade de Vilalba, na parroquia de San Simón da Costa, lugar de Puiden.

Un particular chamou a Emerxencias para informar de que se estaba producindo un incendio nunha queixería situada á beira dunha vivenda, aínda que os traballadores estaban fóra das instalacións.

O 112 mobilizou aos bombeiros e Protección Civil de Vilalba, así como á Garda Civil. Os servizos de extinción apagaron as chamas, que non causaron danos persoais, aínda que si materiais.

A rápida intervención evitou o risco de gases tóxicos, aínda que o lume afectou a algúns produtos químicos que había na queixería. Os bombeiros tamén lograron evitar que se estendese polas instalacións, e os danos limitáronse a unha sala na que había varios electrodomésticos, un cadro eléctrico e material de limpeza.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...