InicioSucesosDetido un mozo que conducía drogado e sen carné un coche de...

Detido un mozo que conducía drogado e sen carné un coche de alta gama en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron en Vilalba un mozo de 27 anos tras ser sorprendido ao volante dun vehículo de alta gama baixo os efectos de sustancias estupefacientes e sen carné por perder a vixencia del.

Segundo informou o Instituto Armado, a Garda Civil detivo este mozo veciño de Cospeito de 27 anos de idade como presunto autor dun delito de condución temeraria, condución con perda da vixencia do permiso de conducir, delito de resistencia e desobediencia e un delito de condución baixo os efectos de sustancias estupefacientes.

Por outra banda, A Garda Civil arrestou na localidade de Chantada a unha veciña de Vitoria, á cal lle consta unha orde requisitoria de procura, detención e personación en vigor dimanante do Xulgado do Penal número 1 de Vitoria. A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 de Chantada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...